O Concello de Fene creará cinco novas áreas de solo de núcleo rural para a construcción de vivendas unifamiliares

A modificación do PXOM levarase a cabo en Magalofes, Sillobre e Maniños
DSC00422-web1281x1920U70

O Goberno local de Fene contratou recentemente os traballos técnicos que permitirán levar a cabo unha revisión parcial do actual planeamento urbanístico, de cara a crear cinco novas zonas de núcleo rural en Magalofes, Sillobre e Maniños. De cumprirse as previsións en canto a exposición pública e tramitación plenaria, a medida na que traballa a Concellaría de Urbanismo podería entrar en vigor nun prazo duns 18 meses. Na práctica, esta modificación pretende desbloquear a posibilidade de novas construcións unifamiliares neses puntos en espera de avancen os traballos de elaboración do novo PXOM de Fene, que xa acumula varios anos de retraso.

Dase a circunstancia «paradóxica» de que dous dos núcleos de Magalofes son chan urbano desde 1975, «pero nunca tiveron esta característica ni por servizos públicos, nin por tipoloxía da vivenda, nin polo uso da terra». Ademais, os outros tres núcleos que se proporán delimitar -Lubián (Sillobre), Piñeiro (Maniños) e O Feal (Magalofes)- están cualificados como solo rústico apto para urbanizar onde, na práctica, non se pode construír.

A delimitación destas cinco  áreas de solo de núcleo rural implica levar a cabo novos traballos cartográficos e de planimetría -encargados á empresa Arqyur S.L. por un improte de 12.000€ máis ive-, así como a obtención do visto bo de diferentes organismos autonómicos e estatais. A modificación do planeamento precisará, ademais, a aprobación plenaria e a correspondente exposición pública para que a veciñanza con predios afectados poida formular as alegacións que estime oportunas.

Estímase que tanto a parte técnica como legal poida completarse nun período aproximado de 18 meses, tralos cales «poderán saír adiante numerosas demandas de vivenda nestes núcleos». Tal e como sinala o concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo, «con esta aposta trátase de adecuar a realidade desas zonas á lexislación urbanística. Ademais, a delimitación de núcleos resultante trasladarase ao novo PXOM, que marcará o deseño e o desenvolvemento de Fene durante, polo menos, os próximos 15 ou 20 anos».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.