O doutor en Medicina Ángel Carracedo abre unha nova quenda de conferencias do ciclo ‘Contando Ciencia’ en Fene

“A medicina xenómica” será o tema central do relatorio que terá lugar este martes ás 19.00 horas na Casa da Cultura
Ángel Carracedo
Ángel Carracedo

Sobre “A medicina xenómica” xirará mañá martes, ás 19.00 horas, a primeria sesión do ciclo “Contando Ciencia” en 2023. O programa, organizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene, ten como obxectivo achegar a ciencia á poboación en xeral. “Contando Ciencia” desenvólvese na Casa da Cultura de Fene un xoves (ou martes) ao mes, con entrada libre e de balde até completar o aforo. Logo desta primeira charla, protagonizada polo doutor en Medicina da USC, Ángel Carracedo, os vindeiros convidados ao ciclo serán: Carmen García Jares, doutora en Farmacia, que falará sobre a “Seguridade dos produtos cosméticos” (9 de febreiro); Fran Canosa, doutor en Xeoloxía, cunha conferencia titulada “Galicia, un paraíso xeolóxico” (9 de marzo); Bea Hervella, meteoróloga, que falará sobre “O cambio climático en Galicia” (20 de abril); e María Canosa, enxeñeira de Camiños e escritora, que pechará o ciclo falando sobre “Máis vale maña que forza”.

Doutor en medicina pola USC, Ángel Carracedo é catedrático de medicina legal nesa mesma universidade. Foi director do Instituto de Medicina Legal entre 1994 e 2012 e, actualmente, dirixe a Fundación Pública de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de xeneotipado-ISCII. Ademais, coordina o grupo de Medicina Xenómica UAC é e xefe de grupo do Centro de Investigación Biomédica na Rede de Enfermidades Raras e da área de Xenética e Bioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Carracedo é considerado líder mundial en xenética forense e científico de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Ten acadado, entroutros, os seguintes recoñecementos: Premio Nacional de Xenética (2015); medalla de Galicia (2011); Premio Rey Jaime I á Investigación Médica; Medalla Castelao (2006), Medalla Adelaida e Premio Fernández Latorre (2011). Trala sesión deste martes, prevista para as 19:00 horas na Casa da Cultura de Fene, a seguinte cita do ciclo Contando Ciencia será o xoves 9 de febreiro, con Carmen García Jares, doutora en Farmacia. Falará sobre “Seguridade dos produtos cosméticos”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.