O Plan Único do Goberno levará o internet alta velocidade a 1.300 vivendas e empresas de Fene

O delegado do Goberno, José Miñones, ratifica en Fene o compromiso do executivo de Sánchez con Ferrolterra e os avances en dixitalización e eficiencia enerxética que impulsa grazas ao Plan de Recuperación
Miñones mantivo unha reunión co alcalde, Juventino Trigo, con que avaliou os proxectos e investimentos estatais no municipio
Miñones mantivo unha reunión co alcalde, Juventino Trigo, con que avaliou os proxectos e investimentos estatais no municipio

O delegado del Goberno en Galicia, José Miñones, ratificou hoxe en Fene o compromiso do Goberno con Ferrolterra e cos avances e melloras en servizos públicos municipais grazas ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. José Miñones desprazouse hoxe ata o Concello de Fene, onde mantivo una reunión co alcalde, Juventino Trigo, para supervisar os investimentos estatais no municipio e coñecer as súas demandas. “Estamos a traballar por facer a mellor versión de Galicia. Un camiño no que compartimos protagonismo cos concellos, cos gobernos locais e no que recoñecemos o papel dos alcaldes e as alcaldesas e dos servizos municipais”, explicou.

O delegado detallou os programas que está promovendo o Goberno de España en Fene, que teñen como eixe común o Plan de Recuperación e que permiten avanzar en dixitalización e eficiencia enerxética en servizos públicos. No que respecta a dixitalización, avanzou a presenza de Fene nas dúas convocatorias do Programa UNICO de dixitalización do territorio, que impulsa o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. No caso de Fene, o Programa UNICO posibilitará a conexión de alta velocidade de 121 puntos nos que se localizan 1.300 vivendas e empresas: “Estamos a falar de garantir a conectividade máis de 300 megas á práctica totalidade do territorio deste municipio, en zonas que hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, esencial no momento actual”, subliñou o delegado do Goberno.

Eficiencia enerxética

José Miñones coñeceu en Fene o proxecto de reforma do pavillón Polideportivo “A Xunqueira”, que o Concello de Fene quere rehabilitar cunha axuda do Programa PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos de Entidades Locais) que xestiona o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O Goberno local de Fene solicitou deste programa preto de 1,4 millóns de euros do total de 1,6 millóns que estima de coste total. O obxecto da actuación é diminuír o consumo enerxético desta instalación en máis dun 30% coa colocación dunha envolvente térmica exterior ou a instalación de xeración eléctrica  fotovoltaica, entre outras.

A mellora da eficiencia enerxética é tamén obxectivo do proxecto de reforma da Casa Cuartel da Garda Civil de Fene, “no que estamos a traballar para que se faga realidade antes de que remate o ano próximo”, indicou José Miñones. Esta actuación, que tamén forma parte do Plan de Recuperación, suporá un investimento de 609.000 euros, que o Ministerio do Interior destinará a mellora as instalacións e facelas máis eficientes e accesibles.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.