O PSdG comprométese a potenciar o Campus de Ferrol como polo de desenvolvemento industrial de Galicia

O cabeza de lista dos socialistas por A Coruña, Pablo Arangüena, visitou o campus ferrolán e incidiu na necesidade de recuperar tecido industrial
WhatsApp Image 2020-06-20 at 15.13.52

O cabeza de lista do PSdeG por A Coruña, Pablo Arangüena, explicou na súa visita a Ferrol que a intención do candidato socialista Gonzalo Caballero é levar a cabo “política industrial de futuro para Galicia” que teña no Campus Industrial de Ferrol un dos seus principais polos de accións. O candidato mantivo un encontro coa súa vicerreitora, María Jesús Movilla, no que tamén participaron os candidatos Noa Díaz, Martín Seco e o ferrolán Bruno Díaz.

O responsable socialista criticou o “desleixo amosado polo goberno galego, que converteu o sector industrial galego nun páramo” ao tempo que advertiu que o Campus de Ferrol é un bo exemplo de que «estanse a formar estudantes excelentemente que temos que lamentar que só poden atopar traballo fora da Comunidade Autónoma”.

Sinalou que «Galicia precisa dunha política industrial que o goberno presidido por Feijóo non fixo nos últimos 11 anos, xa que a pesares de ter competencias, orzamentos e capacidade para facela, demostrou que carece de capacidade de xestión e de vontade política”.

Compromiso con Ferrol

O candidato ferrolán, Bruno Díaz, sinalou o compromiso “firme e inequívoco” da candidatura socialista con Ferrolterra, exemplificado na visita ao Campus Industrial para “reivindicar o papel da Universidade pública como faro de coñecemento e igualdade que debe iluminar ao conxunto da sociedade en tempos de maior escuridade como os que vivimos”. Subliñou a Importancia ao desenvolvemento do Campus industrial de Ferrol “dentro de estratexia de futuro deseñada para Ferrol e para Galicia”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.