Os mariscadores de Ferrol e Fene, en pé de guerra pola improdutividade da ría

Tras desestimarse a opción dun cese temporal de actividade, reclaman á Consellería do Mar que lles permita realizar un parón biolóxico

Os mariscadores dos pósitos de Fene e de Ferrol anunciaron hoxe que están dispostos a saír a rúa e iniciar unha serie de protestas para reclamar unha solución ante a situación actual de improdutividade da ría. Os representates das confrarías reuníronse o pasado 18 de febreiro coa conselleir do Mar, Rosa Quintana, para expoñerlle a súa intención de iniciar un cese temporal de actividade. Unha proposta que foi ben acollida pola titular da Xunta e que explicou que a situación dos mariscadores entraban dentro dos parámetros para adoptar esta medida.

Sen embargo, días máis tarde a directora xeral do Instituto Social de la Marina (ISM) -dependente da Seguridade Social- anunciou que o cese temporal de actividade que reclamaban non se axustaba aos actuais criterios establecidos para este procedemento.

Asimesmo, instaba ás cofradías a inciar un paro biolóxico, un mecanismo que recolle o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para casos puntuais e que pasa pola aprobación da Consellería do Mar. Explican agora desde os pósitos que, “transcurridos os días e non tendo contestación da consellería ao respecto, as confrarías de Ferrol e Barallobre valoraron a posibilidade de saír a rúa” para reclamar unha solución.

Salir de la versión móvil