Protesta do comité de Noa Madera Creativa diante da sede de Vilar do Colo

O grupo Malasa, ao que pertence a firma, anunciuou un ERE que afecta a case a metade dos traballadores da fábrica
20-05-18_ProtestaNoaMaderaCreativa_05

O comité de empresa de Noa Madera Creativa levou a cabo esta mañá unha concentración de protesta ás portas das instalacións empresa, no polígono de Vilar do Colo, para reivindicar a continuidade da actividade na fábrica despois de que o Grupo Malasa anunciara un ERE de extinción para a metade do cadro de persoal (78 persoas) e un ERE temporal de 15 meses de duración para o resto (outras 78 persoas).

A protesta realizouse coincidindo coa recollida do permiso retribuído «ata novo aviso» para 30 traballadores que a dirección da empresa comunicou durante a reunión do periódo de consultas do pasado venres.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.