Protesta do comité de Noa Madera Creativa diante da sede de Vilar do Colo

O grupo Malasa, ao que pertence a firma, anunciuou un ERE que afecta a case a metade dos traballadores da fábrica

O comité de empresa de Noa Madera Creativa levou a cabo esta mañá unha concentración de protesta ás portas das instalacións empresa, no polígono de Vilar do Colo, para reivindicar a continuidade da actividade na fábrica despois de que o Grupo Malasa anunciara un ERE de extinción para a metade do cadro de persoal (78 persoas) e un ERE temporal de 15 meses de duración para o resto (outras 78 persoas).

A protesta realizouse coincidindo coa recollida do permiso retribuído “ata novo aviso” para 30 traballadores que a dirección da empresa comunicou durante a reunión do periódo de consultas do pasado venres.

Salir de la versión móvil