Suspendida a actividade en Navantia pola falta de medios de limpeza

O estaleiro público non retomou o servizo de mantemento que desenvolvía a empresa Acciona, que continúa mantendo o ERTE para a totalidade da plantilla
navantia-fene-astano-f-goiriz-14-11-2008-013

O comité de emerxencia de Navantia, conformado pola dirección e representantes dos traballadores, decidu suspender á volta a actividade tras dous días do seu retorno. A decisión ven motivada pola falta de medios para manter as condicións de hixiene, limpeza e desinfección mínimas para os traballadores. A empresa Acciona, que é a encargada do mantemento das factorías, ten á totalidade da súa plantilla baixo un Expediente Temporal de Regulación de Empleo dende o pasado 15 de marzo e aínda que os estaleiros volveron gradualmente á actividade, aínda non se reactivou este servizo de limpeza.

Hoxe mesmo o comité de acciona denunciu que «non se comprende a irresponsabilidade por parte de Navantia de manter en suspenso este contrato dunha actividade esencial como a limpeza, que imposibilita o cumprimento do protocolo de propia empresa pública, poñendo en serio risco os usuarios das devanditas instalacións».

Navantia, polo de agora, cree coa escasa actividade que está a haber nas instalacións non é necesario reincorporar ese servizo, sen embargo xa se xeraron problemas coa limpeza e desinfección dos vestiarios despois de cada quenda de traballo, o que obrigou á parte social a suspender á actividade.

Así, o comité de Acciona e o resto dos representantes dos trabalaldores esixen a Navantia, «como empresa do sector público, que sexa responsable e que retome os contratos coas empresas auxiliares que realizan servizos esenciais no estaleiro». Mañá haberá unha nova reunión do comité de emerxencia e do comité intercentros para

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.