O goberno de Ferrol amosa o seu firme compromiso coa planta somocense de Siemens Gamesa

O alcalde e os voceiros municipais mantiveron unha reunión co comité da empresa e afirmaron levar unha declaración de defensa ao pleno o vindeiro xoves 24
2020_09_21Gamesa01

Os voceiros dos grupos municipais e o alcalde, Ángel Mato, recibiron esta mañá do luns 21 de setembro no pazo municipal ao comité de empresa de Siemens Gamesa.

Os representantes sindicais explicaron durante a reunión a súa inquedanza por unha posible deslocalización da produción da empresa e o conseguinte peche da planta das Somozas, despois de que a compañía informara da falta de carga de traballo máis alá de finais de ano, o que se une á recente compra dunha fábrica de palas en Portugal.

Declaración pola continuidade da planta

Por ese motivo, trasladaron a petición de que o pleno da corporación aprobe unha declaración en defensa tanto da continuidade da empresa na comarca coma dos postos de traballo. Tanto o rexedor coma os portavoces expresáronlle á representación sindical o seu apoio e avanzáronlle que na próxima sesión plenaria, o vindeiro xoves 24, se aprobará un documento nese senso.

Tras a xuntanza, Mato destacou que a presenza de Siemens Gamesa é moi importante para Ferrolterra non só en termos de emprego, senón tamén porque a eólica «é un piar fundamental e un sector clave» para a transición a un modelo de enerxías limpas e para o desenvolvemento industrial da comarca.

O propio Mato insistiu en que a incidencia da factoría «ten gran incidencia no emprego e é estratexicamente é importante» debido a que, a maiores da implantación de parques, ten incidencia nas exportacións e no desenvolvemento económico. Finalmente, o rexedor reclamoulles a todas as Administracións que aposten pola pervivencia de Siemens Gamesa en Ferrolterra.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.