Ferrol contén nas últimas 24 horas o número de contaxiados polo coronavirus

Só se rexistraron dez novos casos, unha tendencia bastante menor dos 80 do domingo e dos 50 de onte

O área sanitaria de Ferrol rexistrou nas últimas 24 horas dez novos casos positivos por coronavirus. Unha cifra algo máis contida que os últimos crecemento vividos ao comezo desta semana cando se rexistraron crecemento de 80 e de 50 novos infectados por Covid-19. Así, o total de casos detectados polo Sergas queda en 219 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Ademáis, dase a circunstancia de que o 75% dos casos (164 persoas) están pasando a enfermidade na súa casa con síntomas leves e 55 doentes están nos hospitais do CHUF.  Desdest, son 15 casos os que revista máis gravidade e se atopan na unidade de coidados intensivos e os 40 restantes están ingresados na sétima planta do Marcide e na terceira do Naval. Outra das novas positivas das que informou o Sergas e que xa se deron 9 altas hospitalarias. A este número de positivos hai que sumar os 8 falecidos rexistrados ata o de agora no área sanitaria de Ferrol. Todos eles con patoloxías previas.

A pesares da tendencia de hoxe, dende o Sergas advirten que poderían volver a producirse novos picos que rexistren un elevado número de novos contaxios debido a que se están a dobrar os controis no punto fixo instalado no Novoa Santos e que se realizan baixo prescipción médica a aquelas persoas sospeitosas de estar infectadas polo Covid-19.

Salir de la versión móvil