O Concello de Ferrol vén de activar un servizo municipal para realizar a compra de alimentos e de medicamentos ás persoas en situación de vulnerabilidade en corentena pola Covid-19 que non dispoñen dunha rede familiar próxima que poida axudar.
Axudas na subministración de alimentos e medicamentos
Trátase dunha campaña coordinada entre as concellerías de Benestar Social e a de Seguridade, e para a súa posta en marcha ambos departamentos elaboraron un protocolo de actuación co obxectivo de desenvolver a prestación do servizo segundo todas as medidas de seguridade establecidas nos protocolos Covid. É o Sergas, o organismo encargado de notificar aos servizos sociais municipais a relación das persoas susceptibles desta axuda.
A campaña, coordinada entre os servizos sociais municipais e Protección Civil, púxose en marcha o 28 de agosto co fin de facilitar o día a día das persoas illadas e como apoio nas necesidades básicas, como é a alimentación e a subministración de medicamentos”, sinala a edil. Desde entón realizáronse máis dunha decena de intervencións entre compras de comida e medicinas e o seu posterior traslado ao domicilio. Pola súa banda, o concelleiro responsable de Seguridade apuntou que esta campaña responde á “firme” vontade do Concello de Ferrol de “protexer aos nosos veciños”.