O área sanitaria de Ferrol é o único de toda Galicia que non experimentou polo momento ningún caso de repunte e mantén unha tendencia á baixa desde o mes de maio. Actualmente só hay rexistrado un doente activo desde o pasado sábado día 11 de xullo, polo que de non rexistrarse novos casos, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal poderían quedar libres de Covid-19 nos próximos días e sería o primeiro área sanitaria en logralo na nosa comunidade.
A pasada semana Pontevedra tiña, ao igual que Ferrol dous casos activos e actualmente conta con 7 contaxios. Ourense chegou a ter só un activo e hoxe ten catro. A Coruña pasou de 19 o pasado sábado aos 26 actuais. En Santiago mantense unha liña máis descendente, aínda que nos últimos dous días apareceron dous novos casos e conta actualmente con 15. En Vigo se rexistraron cinco novos casos en tres días e agora hai 15 contaxiados con coronavirus.
En Lugo, xusto na comarca da Mariña, a máis próxima oa Ortegal, é onde se rexistra un dos maiores rebrotes de España. Pasaron de 17 casos a mediados de xuño a 203 a pasada semana. Nos últimos catro días descenderon considerablmente os activos, pero aínda son 171 os contaxiados por Covid.
O CHUF segue con seu plan de detección temperá do Covid e continúa realizando probas diarias, coas que xa se acadan as 16.000, tanto no Marcide, como no punto móbil do Novoa Santos e a domicilio. No área de Ferrol son xa 584 os doentes que superaron o coronavirus e obtiveron xa a altra domiciliaria.