O pasado martes o concelleiro de Ferrol en Común, Suso Basterrechea, e a presidenta da Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, Lorena Dapena Merlán, reuníronse para compartir posturas sobre a tan temida volta aos centros educativos tras os novos positivos que están a xurdir nas últimas semanas nesta segunda onda de contaxios.
A propia presidenta da Feanpa tildou este presentes panorama educativo como un escenario «incerto, inestable, mal organizado e sobre todo enormemente perigoso para os nosas fillas e fillos», polo que considera que se non se pon enriba da mesa un novo protocolo sanitario máis seguro o regresos as aulas non se debería levar a cabo
Pola súa banda, a formación municipal cre que a presencialidade nas escolas é unha condición básica para que exista igualdade á hora de impartir clases, polo que tras unha monción esixirá á Xunta a creación de novas medidas que afiancen a completa seguridade da comunidade educativa.
Finalmente, o partido de Jorge Suárez tamén apelou á responsabilidade da administración local no tocante aos diferentes servizos sociais vinculados a esta volta ás aulas, como son os comedores ou as actividades extraescolares cuxas competencias correspóndelles ao goberno municipal.