Ferrol fai de «Celestina»: xurde o amor a primeira vista no areal de Doniños

Unha turista madrileña que veu pasar á cidade uns días namorouse dun mozo a primeira vista na praia de Doniños, polo que unha das súas amigas optou por difundir a foto en Twitter para así axudala
Screenshot_2020-08-13-00-20-47-624_com.instagram.android

Hai xente que dubida dos tan coñecidos «flechazos» ou amores a primeira vista, pero en cambio moitas outras seguen apostando polos romances espontáneos. Esto foi o que lle ocurriu a unha turista procedente de Madrid, a cal viña a pasar uns días a Ferrol xa que quería rencontrarse cun dos seus compañeiros de Erasmus propio da comarca.

«Ese día fumos á praia de Doniños toda a tarde pero non foi ata cando estaba a anoitecer que Lucía viu ao mozo en cuestión», explicaba Sandra, a amiga que subiu a foto a Twitter procurando coñecer algo máis sobre o príncipe azul e así poder axudar á Lucía. «Nós estabamos facendo fotos e eles estaban ao redor, non falaron pero mirábanse continuamente, aínda que ningún dixo nada», lamentábase Sandra ao pensar no que puido ser pero non.

A foto en cuestión realizárona para unha amiga pero por casualidades do destino o tan admirado mozo saía detras da instantánea, polo que non o dubidaron dúas veces: «A miña amiga pediume que subira a foto a Twitter, obviamente en broma xa que non te esperas que aconteza nada pero nunca se sabe».  De feito, á hora de marcharse do areal, voltando para o aparcadoiro a idílica parella volveuse a atopar -xa que os seus coches estaban preto un doutro- polo que as miradas furtivas volveron a facer das súas. Tal vez a historia quede aquí, ou pode que as redes sociais fagan das súas e haxa unha segunda parte para esta anecdótica historia.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.