O Concello de Ferrol aprobou o pasado luns 7 de setembro a segunda convocatoria de subvención para o Plan de Mellora para a Empregabilidade -PAME-, un proxecto deseñado pola concellería de Emprego e Promoción Económica co fin de axudar ao impulso económico e protección do emprego, tan afectados ultimamente pola pandemia.
Case 300.000 euros nesta nova axuda
Recentemente o Concello ingresou as axudas da primeira convocatoria, por ao redor de 1,7 millóns de euros entre 1.155 beneficiarios. Co remanente ata chegar aos 2 millóns, o orzamento destinado polo Concello para o PAME, o Concello publica agora unha segunda convocatoria, cuxo orzamente ascende a 297.610 euros.
Desta nova quedan excluídas por lóxica todas as persoas que resultaron beneficiarias na anterior edición, e o prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP.
Deberán dirixirse ao negociado de Promoción Económica e Emprego e deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol: https://www.ferrol.gal/Sede. Os interesados poden consultar toda a información na páxina web municipal do Concello de Ferrol, apartado «Axudas Pame» https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice