Ferrol mantén estable o número de casos activos por Covid-19 nas últimas 24 horas

Un total de 525 veciños xa superaron o coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A área sanitaria de Ferrol mantivo estable o número de casos activos por Covid-19 nas últimas 24 horas, sen cambios respecto ás boas cifras do domingo. Son en total 35 casos activos dos que dous son permanecen hospitalizados no Arquitecto Marcide e 33 atópanse nos seus domicilios.

Isto supón que actualmente hai 525 veciños das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o virus e recibiron a alta epidemiolóxica. Nas residencias da terceira idade o número de contaxios tamén se mantivo e hai dous residentes do centro de As Fragas, en Pontedeume, contaxiados, ademais de tres traballadores. O número de falecidos relacionados co coronavirus non variou desde o pasado día 9 de abril e segue sendo de 33 vítimas mortais.

O descenso rexistrado onte, de case un 46%, no número de casos activos na área de Ferrol está provocado pola nova orde do Ministerio de Sanidade á hora de evaluar os casos. Nesta nova fase de detección temprana de casos, os test rápidos quedan excluídos para diagnósticos e decisións clínicas e só teranse en conta os PCR ou os análises serolóxicos. Mentres tanto, incluso os doentes que obtiveran un resultado positivo nun tes rápido, queda cualificados como probables á espera dunha PCR.

As Comunidades Autónomas deben agora enviar diariamente ao Ministerio os datos de persoas sospeitosas –ás que se lles debe facer unha primeira PCR en menos de 24 horas– e de pacientes confirmados, tanto en hospitais como en Atención Primaria, ademais das infeccións xa resoltas que se detecten.

 

 

Salir de la versión móvil