Ferrol, Narón, Neda e Fene, en alerta ante o aumento de casos de Covid-19

Xa son 182 os casos activos por coronavirus na área sanitaria, que ten a súa maior incidencia no entorno da ría
58 (1)

O aumento de casos por coronavirus que ven experimentando a área sanitaria de Ferrol desde o pasado 8 de outubro está a concentrarse de forma significativa nos grandes concellos do entorno da ría. Os municipios de Ferrol (entre 38 e 76 casos por 100.000 habitantes), Narón (entre 14 e 21), Neda (entre 7 e 14) e Fene (entre 14 e 21) son agora o epicentro da pandemia na zona, mentres que os 16 concellos restantes permanencen en nivel 0, é dicir, por debaixo de 7 casos. A única boa nova é que o concello de Narón pasou este sábado de alerta vermella á actual alerta laranxa.

Nas últimas 24 horas o cremento de contaxios foi de 13 persoas, debido a que se detectaron 20 novos casos mediante PCR -xa se realizaron preto de 40.000- e se deron 7 altas epidemiolóxicas. Tamén aumentou de 3 a 5 o número de ingresados no Arquitecto Marcide. Precisamente un dos doentes que se atopaba nesta sétima planta do hospital, afectado por coronavirus, faleceu a pasada noite aos 80 anos de idade. Este é a vítima número 35 do Covid na zona.

Con estes datos, a incidencia acumulada por 100.000 habitantes na área sanitaria de Ferrol nos últimos 14 días é de 91, cando o domingo da pasada semana era de 51, xusto no límite decretado pola Unión Europea como «zona de risco». Hoxe é case o doble e aproxímase ao de áreas sanitarias moito maiores como as de A Coruña (113) ou Vigo (111).

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.