Ferrol, Narón, Neda e Fene, en alerta ante o aumento de casos de Covid-19

Xa son 182 os casos activos por coronavirus na área sanitaria, que ten a súa maior incidencia no entorno da ría

O aumento de casos por coronavirus que ven experimentando a área sanitaria de Ferrol desde o pasado 8 de outubro está a concentrarse de forma significativa nos grandes concellos do entorno da ría. Os municipios de Ferrol (entre 38 e 76 casos por 100.000 habitantes), Narón (entre 14 e 21), Neda (entre 7 e 14) e Fene (entre 14 e 21) son agora o epicentro da pandemia na zona, mentres que os 16 concellos restantes permanencen en nivel 0, é dicir, por debaixo de 7 casos. A única boa nova é que o concello de Narón pasou este sábado de alerta vermella á actual alerta laranxa.

Nas últimas 24 horas o cremento de contaxios foi de 13 persoas, debido a que se detectaron 20 novos casos mediante PCR -xa se realizaron preto de 40.000- e se deron 7 altas epidemiolóxicas. Tamén aumentou de 3 a 5 o número de ingresados no Arquitecto Marcide. Precisamente un dos doentes que se atopaba nesta sétima planta do hospital, afectado por coronavirus, faleceu a pasada noite aos 80 anos de idade. Este é a vítima número 35 do Covid na zona.

Con estes datos, a incidencia acumulada por 100.000 habitantes na área sanitaria de Ferrol nos últimos 14 días é de 91, cando o domingo da pasada semana era de 51, xusto no límite decretado pola Unión Europea como “zona de risco”. Hoxe é case o doble e aproxímase ao de áreas sanitarias moito maiores como as de A Coruña (113) ou Vigo (111).

 

Salir de la versión móvil