O Sergas informou hoxe que o área sanitaria de Ferrol non rexistrou novos casos de positivos nas últimas 24 horas o que deixa un total de 36 persoas infectadas por coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Destas, 19 permanecen nos seus domicilio baixo vixilancia sanitaria e 17 están ingresados nos centros hospitalarios da comarca. Dos 17 de hospitalización, 6 están en UCI e 11 en planta.
Este é o primeiro día que non se rexistran novos casos no área sanitaria de Ferrol dende o pasado 16 de marzo. Son un menos que onte debido ao falecemento dun dos pacientes que se atopaba en situación crítica e que morreu onte. Era un varón de 69 anos con patoloxías previas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.374, deles 359 son da área da Coruña, 97 da de Lugo, 152 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 312 da área de Vigo, 239 da de Santiago.