O voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Julián Reina, informou dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, na que se acordou aprobar o expediente de contratación administrativa correspondente ao subministro, instalación e desinstalación da iluminación ornamental da próxima campaña de Nadal, cun orzamento máximo de 149.946,02 euros.
O novo contrato inclúe a instalación de máis de 270 arcadas repartidas por diferentes barrios e zonas comerciais e a iluminación en árbores e columnas. Este ano, explicou Reina, cóntase tamén coa Praza de Armas, que estrea unha nova urbanización e que contará con 25 motivos para instalar nas fiestras da fachada do pazo municipal.
O concelleiro anunciou que a iluminación se estenderá á zona rural, con 40 arcadas e motivos navideños. Reina explicou que os licitadores propoñerán a súa mellor opción para a dotación de iluminación ornamental nas prazas de España, Armas, Amboaxe, Cantón de Molíns, Alameda de Suances -rúa empedrada con iluminación en catenaria-, dende a Praza da Constitución ata a rúa Carmen, e paseo de terra dende Praza de Galicia ata a Alameda de Suances e tamén na Praza do Cruceiro de Canido.