Outubro traerá moitas novidades ao comercio local de Ferrol

O plan para impulsar a economía local, "Ferrol Cidade Viva", incentivará aos compradores cunha morea de descontos, sorteos e premios que poderanse revisar dende unha App
10012843_636966726397985_4369293225504432903_o

A campaña de promoción do comercio local que o Concello de Ferrol ten programada no marco do plan de dinamización da economía «Ferrol Cidade Viva» dará comezo exactamente o 7 de outubro, e rematará o 4 de novembro, tal e como anunciou este venres a concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus.

Trátase da terceira liña de traballo do plan «Ferrol Cidade Viva», unha iniciativa deseñada polo Concello co fin de impulsar o emprendemento local, ademais de potenciar e dinamizar a economía da cidade. Algunhas das accións que inclúe este plan son formación -actualmente en marcha-, e asesoramento individualizado, co que «pretendemos que cada negocio de Ferrol obteña o maior rendemento dos seus negocios», asegurou a edil.

Tras a posta en marcha destas dous iniciativas, o día 7 comezará a terceira acción, onde se levarán a cabo diferentes fórmulas como sorteos, descontos e premios directos para incentivar as compras a nivel local. A responsable de Promoción Turística engadiu que desde o Concello tamén se promocionarán as vendas cruzadas co fin de activar a economía local e incentivar o consumo.

Unha aplicación para informarse

O programa co que o Concello pretende darlle impulso ao comercio local non deixa de lado os recursos dixitais. Na posta en marcha da gran promoción dos negocios contarase cunha aplicación que terá dúas vertentes: por unha banda, os emprendedores poderán coñecer mellor aos seus clientes e, por outra, estes contarán cunha ferramenta na que consultar descontos nos establecementos, sorteos, premios, incentivos ás vendas cruzadas e incluso os puntos acumulados para beneficiarse de promocións.

O cliente poderá acceder a ela a través dun código QR que estará exposto nos establecementos participantes, tal e como explica a concelleira de Promoción Económica. Neste punto, Deus sinalou que «todo este proceso será moi sinxelo, ese é o noso obxectivo, facer a campaña o máis accesible posible a toda a poboación».

Polo momento xa son preto de 100 os establecementos participantes no programa. Os comerciantes interesados en sumarse a este proxecto poden enviar un correo electrónico a [email protected] e os responsables do plan poñeranse en contacto con eles.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.