Ferrol reforzará a presencia policial para que se respeten as medidas de seguridade e así frear os contaxios

Onte o alcalde e o concelleiro de seguridade reuníronse con xefe da Policía local para intensificar os controis e así evitar unha maior expansión da Covid-19
Agentes de la policía local
Agentes de la policía local

Dende o Concello de Ferrol queren evitar a toda costa o avance do coronavirus pola comarca. Ese foi o principal motivo que levou ao alcalde, Ángel Mato, e o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, a manter onte mércores 12 de agosto unha reunión co xefe da Policía Local para coordinar accións co fin de intensificar a vixilancia sobre o uso obrigatorio das máscaras e o cumprimento das medidas de protección e seguridade recollidas na normativa vixente.

Tras o encontro, o rexedor anunciou que o próximo venres reuniranse cos hostaleiros da cidade para trasladarlles os detalles da intensificación da vixilancia e tamén para escoitar as súas impresións co fin de «entre todos protexer aos nosos veciños». Equilibrio para avanzar de forma segura Mato fixo onte un chamamento á cidadanía para actuar con prudencia e responsabilidade no seu día a día.

Por outra banda, o edil felicitou o comportamento da veciñanza e animou aos ferroláns a seguir facendo un esforzo e avanzar xuntos e  de forma segura para evitar contaxios. «Todos, non só algúns, temos que actuar con cautela e madurez», insistiu.

Por elo, desde o Concello reforzarse as accións para velar polo cumprimento das medidas de seguridade e protección respecto ao uso obrigatorio da máscara, o control de aforo e o respecto dos horarios de peche dos locais, entre outras.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.