Ferrol reforzará a presencia policial para que se respeten as medidas de seguridade e así frear os contaxios

Onte o alcalde e o concelleiro de seguridade reuníronse con xefe da Policía local para intensificar os controis e así evitar unha maior expansión da Covid-19

Agentes de la policía local

Dende o Concello de Ferrol queren evitar a toda costa o avance do coronavirus pola comarca. Ese foi o principal motivo que levou ao alcalde, Ángel Mato, e o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, a manter onte mércores 12 de agosto unha reunión co xefe da Policía Local para coordinar accións co fin de intensificar a vixilancia sobre o uso obrigatorio das máscaras e o cumprimento das medidas de protección e seguridade recollidas na normativa vixente.

Tras o encontro, o rexedor anunciou que o próximo venres reuniranse cos hostaleiros da cidade para trasladarlles os detalles da intensificación da vixilancia e tamén para escoitar as súas impresións co fin de “entre todos protexer aos nosos veciños”. Equilibrio para avanzar de forma segura Mato fixo onte un chamamento á cidadanía para actuar con prudencia e responsabilidade no seu día a día.

Por outra banda, o edil felicitou o comportamento da veciñanza e animou aos ferroláns a seguir facendo un esforzo e avanzar xuntos e  de forma segura para evitar contaxios. “Todos, non só algúns, temos que actuar con cautela e madurez”, insistiu.

Por elo, desde o Concello reforzarse as accións para velar polo cumprimento das medidas de seguridade e protección respecto ao uso obrigatorio da máscara, o control de aforo e o respecto dos horarios de peche dos locais, entre outras.

Salir de la versión móvil