Ferrol rexistra só un novo caso de coronavirus nas últimas 24 horas

Unhas das doentes ingresadas con Covid-19 na UCI falecu esta mañá

A área sanitaria de Ferrol rexistrou nas últimas 24 horas un novo caso positivo por coronavirus, o que deixa un total de 307 contaxiados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Dende o pasado 30 de marzo o incremento dos positivos na zona foi menguando paulatinamente, cun incremento medio dun 9% ata esta data; moito menor que durante o resto de marzo onde diariamente os casos ascendían máis dun 25%.

Outra boa nova e que durante a pasada semana mantívose estable o número de ingresos a pesar do ascenso dos casos, o que indica que a meriande parte deles foron leves. Dos actuais 307 casos, 259 atópanse no seus domicilios e 48 nos hospitais, dos que 11 están en UCI.

O Segas comunicou tamén hoxe un novo falecemento na área sanitaria de Ferrol. Trátase dunha muller de 80 anos que se atopaba ingresada na unidade de coidados intensivos do CHUF e que fora diagnosticada con coronavirus. Con esta son xa 13 as mortes relacionadas co coronavirus na zona.

 

 

Salir de la versión móvil