Ferrol saca a licitación o novo contrato do servizo de axuda no fogar

Cun orzamento base de máis de 10 millóns de euros este novo convenio buscará ampliar as actuais prestacións a un mínimo de 87 usuarios máis
ancianos-que-mueren-solos

O Concello de Ferrol acaba de iniciar a licitación do novo contrato do servizo de axuda no fogar -SAF-. Tras a aprobación do expediente no pleno do pasado 30 de xullo, o departamento de Contratación publicou onte o anuncio na Plataforma de Contratación do Sector Público. Este trámite da inicio ao período de presentación de ofertas, que rematará ás 23.59 horas do próximo 10 de setembro.

O contrato terá unha duración de dous anos, prorrogables anualmente ata un máximo de outros dous  e conta cun orzamento base de licitación, sen impostos, de 10.539.040,18 euros, mentres que o total do valor estimado é de 23.185.888,40 euros.

O SAF recolle unha serie de actuacións para levar a cabo actividades básicas da vida diaria, como son a asistencia para erguerse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, control do réxime alimentario, supervisión das rutinas de administración de medicamentos e apoio para cambios posturais. Tamén en relación a outras actividades, por exemplo, apoio en tramites administrativos urxentes ou acompañamento para acudir a consultas ou tratamentos. En canto a atencións de carácter doméstico e da vivenda, inclúe a limpeza ordinaria, a compra de alimentos e produtos de uso común, a preparación de alimentos, o lavado e coidado de prendas de vestir, depositar o lixo e a axuda cos animais domésticos. Ademais, recolle atencións de carácter psicosocial ou educativo, a posibilidade de actividades de acompañamento e socialización e servizos de podoloxía, fisioterapia e perruquería.

Subrogación de persoal

O novo adxudicatario deberá dispor de recursos humanos e materiais dabondo para prestar o servizo. Dentro dos primeiros cóntanse 1 responsable de coordinación, 1 coordinador cando haxa entre 50 e 99 usuarios -2 para entre 100 e 199, 3 para entre 200 e 399 e un incremento de 1 por cada 200 usuarios-, e suficientes auxiliares de axuda a domicilio. Na actualidade traballan no SAF 170 empregadas desta categoría profesional, mentres que 8 pertencen á de coordinadores. O prego contempla a subrogación de todo o cadro de persoal.

No referente aos medios materiais, esíxense un mínimo de 4 vehículos para desprazamentos de persoal auxiliar, 1 equipo informático por cada técnico, 1 oficina que cumpra os requisitos esixidos pola Xunta de Galicia para dispor de permiso de inicio de actividade, 1 teléfono móbil por cada técnico, 2 uniformes completos con chapas de identificación e luvas por cada auxiliar e un mínimo de 5 grúas, de 5 arneses, de 10 camas articuladas, de 1 cadeira de subida e baixada de escaleiras, de 10 cadeiras xiratorias, de 10 cadeiras de rodas, de 10 andadores, de 10 coxíns antiescaras, de 10 patas de elefante e de 10 alzadores inodoros, ademais de outros elementos auxiliares necesarios.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.