Ferrol segue a ser o área sanitaria con menos positivos por coronavirus de Galicia

A Consellería de Sanidade soamente recoñece cinco casos na zona, con dous ingresos hospitalarios

Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización de hoxe, o número de casos confirmados de coronavirus en Galicia ascende a 135, deles 55 son da área da Coruña, 7 da de Lugo, 15 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 23 da área de Vigo, 17 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.  Isto supón que a de Ferrol (con 20 concellos e máis de 170.000 habitantes) continúa a ser a área con menos casos infectados das grandes cidades.

A estes cinco casos habería que sumarlle o do veciño de Mugardos, un celador do hospital de Oza, en A Coruña, que contabiliza nesta área sanitaria. Dos outro cinco afrectados, o Centro Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) mantén ingresados a dous de eles, ambos varóns, de 35 e 41 anos e en estado estable. O resto permanecen cun illamento doméstico nos seus domicilios.

Controis sanitarios

Dous dos casos provocaron a especial atención das autoridades sanitarias polas condicións de traballo dos afectados. Por un lado, prestouse unha especial importante ao traballador madrileño que deu positivo por coronavirus nos estaleiros de Fene, dado que alí conviven moitos traballadores que desenvolver a súa labor de forma colectiva e, as veces, en espazos pechados. De feito, o comité de dirección de Navantia decidirá hoxe se pecha as súas factorías de toda España por considerarse que son lugares especialmente críticos e favorables á propagación do virus.

O outro caso foi o da mestra da escola infantil a Galiña Azul de Esteiro, dado que puido estar en contacto cos nenos que van ao centro e cos seus país. En ambos casos as autoridades sanitarias realizaron controis e probas nos seus entornos e puxeron en marcha protocolos especiais de seguimento para os posibles afectados.

 

 

 

Salir de la versión móvil