Ferrol xa supera os cen contaxiados por coronavirus e crece a un ritmo de dez novos casos ao día

É a única área sanitaria de toda Galicia que non ten hospitalizados por Covid nesta segunda onda
controlcovid2

Dez novos casos activos por Covid-19 nas últimas 24 horas na área sanitaria de Ferrol elevan o número total de contaxios a 106. Unhas cifras que non se vivían desde mediados do mes de maio, cando aínda o país se atopaba en pleno confinamento. Sen embargo, por aquel entonces, había tres doentes na UCI en estado crítico e preto de dez persoas hospitalizadas con complicacións de saúde. Nesta segunda onda de contaxios, non se rexistraron polo momento ingresos hospitalarios e tódolos casos, segundo informa o Sergas, apenas presentan sintomatoloxía, polo que se atopan en illamento domiciliario. De feito, Ferrol é a única área sanitaria de Galicia na que non hai doentes ingresados.

Ata o de agora o número de probas PCR realizadas polo complexo hospitalario de Ferrol é de case 23.800, cunha media de máis de 200 ao día. Ademáis de realizar probas ao pacentes que teñen que somerterse a algunha intervención quirúrxica ou aos que presentan algunha sintomatoloxía compatible co Covid, tamén se está facendo un rastreo exhaustivo de todos aqueles veciñas e veciñas que tiveron contacto cos novos contaxiados.

Os brotes de Cedeira e de Cerdido, según informaron ambos concellos, se manteñen estables e xa se deron dúas altas relacionadas con estes casos. Agora, preocupan os tres positivos detectados ata o momento nas factorías de Navantia e que corresponden a traballadores das compañías auxiliares. Hai preto de 30 operarios en corentena á espera do resultado das probas PCR.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.