24 hosteleiros de Ferrol solicitaron xa a ampliación do espazo das súas terrazas para adaptarse á normativa do Covid

O Concello autoriza de forma automática a incrementar o espazo mínimo indispensable para colocar o 50 % dos elementos mantendo os dous metros de distancia de seguridade
DSC_2381

Un total de 24 propietarios de establecementos hosteleiros de FErrol solicitaron xa ao Concello autorización para colocar máis mesas e cadeiras nas súas terrazas. O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, firmou o pasado venres un decreto polo que se ordenaba a tramitación administrativa preferente e a axilización das solicitudes para incrementar as terrazas ou modificalas de acordo coa ordenanza reguladora das mesmas.

Os técnicos do departamento estudan de forma individual a viabilidade de cada caso. Os donos de locais interesados en solicitar dita ampliación deben cubrir un formulario que atoparán na páxina municipal ferrol.gal. O decreto da pasada semana tamén autoriza de forma automática e con carácter xeral aos propietarios dos establecementos a ampliar o espazo o mínimo indispensable para colocar o 50 % das súas terrazas mantendo os dous metros de distancia de seguridade.

Reina tamén anunciou esta mañá que o próximo venres presidirá unha comisión de terrazas co fin de axilizar todo o posible as autorizacións de quen solicite aumentalas sempre que cumpra a normativa e tamén para coñecer a marcha da apertura dos locais. A partir de agora ditas comisións terán unha periodicidade semanal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.