A área de Ferrol rexistra a menor taxa de contaxios por Covid de Galicia e a menor positividade

Só nas últimas 24 horas o número de casos activos descendeu en 19 persoas no conxunto das tres comarcas

A área sanitaria de Ferrol ten actualmente a mellor taxa de positividade de toda Galicia, cun 1,8% de resultados positivos entre os máis de 33.800 probas PCR realizadas. Unhas cifras que contrastan co 3% da media galega ou 6,35% da área de Ourenso. Isto deixa as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal coa menor taxa de contaxios por Covid nos últimos 14 días, con tan só 57 casos por 100.00 habitantes, lonxe 115 da media autonómica.

De feito, nas últimas 24 volveuse producir un importante descenso no número de casos activos, que pasou de 148 a 129 grazas a máis dunha veintena de altas epidemiolóxicas e apenas novos contaxios. En total, desde o inicio da pandemia, son 934 as persoas que xa superaron o virus e 33 as que perderon a vida por culpa do Covid. A día de hoxe hai so 4 persoas ingresas con complicacións derivadas do corovirus e 124 que se atopan en illamento domiciliario. Só un doente permanece na Unidade de Coidados Intensivos con pronóstico máis grave.

O foco está agora posto nos centros escolares, onde sí se rexistrou un novo caso nas últimas 24 horas. Son un total de oito no conxunto das tres comarcas: dous casos se deron no CPI As Mirandas, de Ares;  un contaxio no IES de Fene, en Ferrol tamén se rexistrou un caso no CEIP Cruceiro de Canido, no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e no IES Saturnino Montojo e en Narón sendos contaxios no CEIP de Piñeiros e no CPI do Feal.

Según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na última actualización o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.259, deles 964 son da área da Coruña, 524 da de Lugo, 799 da de Ourense, 795 da de Pontevedra, 514 da área de Vigo e 534 da de Santiago.

 

 

Salir de la versión móvil