A área de Ferrol segue a súa tendencia á baixa no número de contaxios por Covid

Lévanse realizados máis de 12.200 probas PCR con só un 5% de casos positivos
DSC_2142

A área sanitaria de Ferrol continúa a súa tendencia á baixa no número de casos activos por coronavirus. A última actualización ofrecida polo Sergas contabiliza un total de 13 persoas contaxiadas, unha menos que onte e sete menos que hai unha semana.

Do total de activos só un doente permanece hospitalizado no Arquitecto Marcide e os 12 casos activos restantes atópanse nos seus domicilios. Son xa 567 as persoas que superaron o virus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e que recibiron a alta epidemiolóxica. Respecto ao número de falecidos, son 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid. A última morte ocorreu o pasado 9 de maio.

Ata o día de hoxe o CHUF leva realizadas 12.202 probas PCR tanto no Arquitecto Marcide, como no punto fixo do Novoa Santos e a domicilio. Só un 5% dos casos deron positivos nas probas.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.