A área sanitaria de Ferrol, en alerta: 58 novos casos de coronavirus detectados e un total de 329 contaxiados

O concello de Ferrol entra no máximo nivel de risco, o vermello, ao superar os 76 casos por 100.000 habitantes nos últimos sete días
coronavirus-respuestas

A comarca de Ferrolterra está a sufrir un aumento imparable de casos de Covid, o cal sitúa a varios dos concellos en altos niveis de risco según os parámetros do Sergas. As dúas grandes cidades da comarca, Ferrol e Narón, que suman 100.000 habitantes, atópanse en nivel de alerta vermello, o máximo segundo os criterios de Sanidade. No caso de Ferrol, entrou hoxe neste nivel 3 ao superar os 76 casos por 100.000 habitantes na última semana e no caso de Narón, ao tratarse dun municipio de menos de 50.000 veciños, tamén se atopa neste nivel 3 ao rexistrar máis de 21 casos nos últimos sete días.

O tercer gran concello da comarca, Fene, leva cinco días en alerta laranxa ou nivel 2 ao acumular entre 14 e 21 casos na incidencia acumulada dos últimos sete días. E o mesmo ocorre cos concellos de Neda e de Cedeira, que entrou hoxe de novo no nivel amarelo.

No Eume a situación tamén empeorou nestas últimas xornadas. Pontedeume leva tres días en nivel 1, ou amarelo, ao terse detectada unha incidencia acumulada na última semana de entre 7 e 14 casos e o municipio de As Pontes, entrou tamén hoxe neste nivel de alerta.

Os 58 novos contaxios detectados por PCR nas últimas 24 hora, e que sitúa o total de contaxios en 329, supoñen case un récord. Según os datos do propio Sergas, os pasados 27 e 30 de marzo diagnosticáronse 59 e 57 casos, respectivamente. Pero é importante lembrar que neses momentos o número de probas PCR diarias apenas chegaban a 100, mentres que actualmente se están facendo en torno a 250 e 350 ao día, polo que é sinxelo deducir que a incidencia real nos meses de marzo e abril era moito maio. É dicir, a positividade das probas PCR actualmente é dun 11%, mentras que na primavera superaba o 35%.

Menor incidencia hospitalaria

De feito, aínda que a situación hospitalaria actual é algo máis precaria que a principios de mes, está lonxe das cifras da primeira onda. Por exemplo, o 1 de abril, con 219 casos activos diagnosticados en toda área sanitaria, o número de hospitalizados era de 55 persoas e a Unidade de Coidados Intesivos (UCI) tiña a 15 persoas en situación grave. Hoxe, con 110 casos activos máis que entón, son 16 os ingresados no Marcide e 3 os doentes que están na UCI cun pronóstico máis grave.

Os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública contabilizan na área sanitaria de Ferrol un total de 1.458 contaxiados desde o inicio da pandemia, dos cales 1.093 xa superaron o virus e 36 faleceron. Tres destas vítimas a causa do Covid-19 perderon a vida durante este mes de outubro.

 

 

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.