A Audiencia absolve aos dous exaltos cargos da Xunta acusados de falsificar documentos sobre o dragado da ría de Ferrol

O tribunal admite que sí houbo falsedades, pero as considera de pouco valor como para interferir no expediente

Imagen de la ría de Ferrol

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu do delito de falsidade en documentos públicos a dous exaltos cargos da Xunta acusados de ocultar a existencia dun informe negativo sobre unha obra de dragaxe de fondos da Rede Natura 2000 na ría de Ferrol para beneficiar, según a acusación, á planta de Reganosa.

Os maxistrados conclúen na sentenza que os documentos que as acusacións sosteñen que son falsos “carecían de virtualidade para perturbar a investigación en curso”. O tribunal salienta que as falsidades eran “inocuas, carecían de potencialidade lesiva, de capacidade para alterar a realidade xurídica na que se inserían, que é algo distinto da realidade documental”.

O contido dos documentos, segundo a Audiencia, “coincide coa realidade, aínda que non reflicta toda a realidade”, pois os feitos que non se documentaron, é dicir, as reunións dun dos acusados cos técnicos, “non modificaron a situación nin tiveron incidencia na tramitación do expediente”.

O tribunal sinala que a elección dos investigados sobre a forma de completar o expediente administrativo foi “sen dúbida errónea”, pois consideran que había “outros medios de reflectir a realidade, total ou parcialmente, sen necesidade de falsificar a data dos documentos, de forma, ademais, chafalleira”.

“Con todo, cabe engadir que, aínda no caso de subsistir dúbidas sobre os fins cos que actuaron os acusados, a presunción de inocencia, e a súa concreción no principio in dubio pro reo, farían imposible declarar probada a finalidade de enganar que sosteñen as acusacións”, destacan os xuíces na resolución.

Salir de la versión móvil