A búsqueda do pescador desparecido acótase entre a cetárea e Cabo Prior

A búsqueda continuará hoxe e mañá, suspenderíase o xoves e retomaríase ao sétimo día desde que o home se precipitou ao mar

As 09.00 horas desta mañá retomouse  o dispositivo de búsqueda do pescador de 59 anos desaparecido desde o domingo e que presuntamente caeu ao auga na zona da cetárea de Cobas. O Centro de Salvamento Marítimo da Coruña é o encargado de coordinar o operativo por mar e aire, mentres que os bombeiros de Ferrol, Protección Civil, Policía Local e Policía Nacional realizar a búsqueda por terra.

Durante o día de hoxe acotouse sensiblemente a zona de búsqueda do corpo deste veciño de Narón. Os esforzos concéntranse agora ente a zona da cetárea de Cobas, onde se atopou o seu vehículo, e Cabo Prior. Durante a xornada de onte realizáronse unhas simulacións de deriva que indican que a marea soamente podería arrastralo cara esa zona. Polo mar, a Salvamar Betelgeuse, unha lancha dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e outra da Autoridade Portuaria realizan a búsqueda. Polo aire, faino o helicóptero Helimer 402 de Salvamento Marítimo.

As batidas a pé pola zona dos cantís movilizan a preto de vinte persoas, incluído o equipo de escalada dos Bomberos de Ferrol que están a descender polas rochas para peinar calquera recuncho do litoral ferrolán. Se durante as xornadas de hoxe martes e de mañá mércores non se atopara o corpo do pescador desaparecido, o xoves suspenderíase a búsqueda ata o sétimo día, un protocolo habitual nos casos de afogamento.

 

 

Salir de la versión móvil