A campaña “Axuda con Alimentos”, unha iniciativa que naceu co fin de protexer aos veciños cuxa situación económica empeorou como consecuencia da crise sanitaria do covid-19. En pouco menos dun mes, o Concello de Ferrol xa recolleu ao redor de 6.000 quilos de comida entre as entregas feitas por varias cadeas de distribución da cidade, os mercados municipais, diferentes entidades e tamén numerosos particulares.
A campaña, púxose en marcha coa intención de facilitar que aquelas persoas que ao tempo que acoden ao seu establecemento habitual para realizar a compra desexen poñer o seu grao de area nestes difíciles momentos podan facelo nalgúns dos supermercados e hipermercados que participan neste programa.
Efectivos da agrupación de Protección Civil encárganse de recoller os productos seguindo un estrito protocolo de actuación deseñado polo departamento municipal de Seguridade e entréganos ao Banco de Alimentos Rías Altas. Os responsables do banco explican que na actualidade as necesidades máis urxentes son leite infantil e para adultos, pratos preparados, conservas de pescados e vexetais, salsa de tomate, pasta, azucre e cereais. O programa “Axuda con Alimentos”, aberto tamén a pequenos negocios da cidade, continúa recibindo importantes achegas. Para que Protección Civil pase a recoller os alimentos que reúnan deben enviar un correo electrónico a alcaldí[email protected] ou chamar ao número de teléfono 981 320 000.
Discussion about this post