A campaña «Axuda con Alimentos» xa recolleu máis de 6.000 quilos de comida

As persoas que desexen colaborar poden facelo nos postos habilitados nalgúns supermercados e tendas de alimentación de Ferrol
2020_04_02RecollidaAlimentos03

A campaña “Axuda con Alimentos”, unha iniciativa que naceu co fin de protexer aos veciños cuxa situación económica empeorou como consecuencia da crise sanitaria do covid-19. En pouco menos dun mes, o Concello de Ferrol xa recolleu ao redor de 6.000 quilos de comida entre as entregas feitas por varias cadeas de distribución da cidade, os mercados municipais, diferentes entidades e tamén numerosos particulares.

A campaña, púxose en marcha coa intención de facilitar que aquelas persoas que ao tempo que acoden ao seu establecemento habitual para realizar a compra desexen poñer o seu grao de area nestes difíciles momentos podan facelo nalgúns dos supermercados e hipermercados que participan neste programa.

Efectivos da agrupación de Protección Civil encárganse de recoller os productos seguindo un estrito protocolo de actuación deseñado polo departamento municipal de Seguridade e entréganos ao Banco de Alimentos Rías Altas. Os responsables do banco explican que na actualidade as necesidades máis urxentes son leite infantil e para adultos, pratos preparados, conservas de pescados e vexetais, salsa de tomate, pasta, azucre e cereais. O programa “Axuda con Alimentos”, aberto tamén a pequenos negocios da cidade, continúa recibindo importantes achegas. Para que Protección Civil pase a recoller os alimentos que reúnan deben enviar un correo electrónico a alcaldí[email protected] ou chamar ao número de teléfono 981 320 000.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.