O Banco de Alimentos de Ferrol recibiu hoxe 2.500 quilos de productos a través da campaña “Axuda con alimentos”

O alcalde Ángel Mato agradeceu a doazón recibida esta mañá no Banco de Alimentos Rías Altas á Asociación de Veciños do Rural, á Xunta de Cofradías de Semana Santa, á Comunidade de Montes Covas-Esmelle e a os particulares que participan na iniciativa

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, visitou esta mañá o centro de distribución do Banco de Alimentos Rías Altas, na Gándara, onde se está a recopiar todos os produtos que se están a doar a través da campaña municipal “Axuda con Alimentos”, unha iniciativa posta en marcha a comezos deste mesmo mes e que consiste en xestionar a recollida de alimentos nos supermercados.

Efectivos da agrupación de Protección Civil encárganse de recoller os produtos seguindo un estrito
protocolo de actuación deseñado polo departamento municipal de Seguridade e entréganos ao Banco de Alimentos Rías Altas, desde onde repártese ás familias que neste momento se atopan sen recursos.

Esta mañá producíronse catro importantes doazóns de comida adquirida en establecementos da cidade procedente da Agrupación de Asociacións de Veciños do Rural, a Comunidade de Montes de Covas e Esmelle e a Xunta de Cofradías da Semana Santa. Protección Civil tamén entregou hoxe productos doados por particulares en Carrefour. En total suman máis de 2.500 quilos de comida.

 

Salir de la versión móvil