A candorca de Burela xa está no Museo de Historia Natural de Ferrol

Xunto con esta peza presentouse tamén o esqueleto do animal que foi recuperado e preparado polo persoal do museo
Imaxe da nova peza
Imaxe da nova peza

A delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural vén de incorporar ao museo que leva o mesmo nome, ubicado na praza de Canido, unha importante peza. Trátase dunha réplica a escala real dunha candorca de preto de seis metros de lonxitude, moldeada a partires dun exemplar de femia abeirado na costa de Burela no 2022 e que se incorporar así á colección de réplicas a escala real de cetáceos coa que conta o Museo de Historia Natural.

Xunto con esta peza presentouse tamén o esqueleto do animal que foi recuperado e preparado polo persoal do museo. O acto enmárcase na programación con motivo do 50 aniversario da entidade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.