A cantante francesa Awa Ly e a vilonchelista viguesa Margarida Mariño, primeiras artistas confirmadas para Jazz ao Norte

A terceira edición do festival internacional ferrolán celebrarase do 13 ao 15 de xullo e estreará novos escenarios
Arquivo - Concerto de Jazz ao Norte
Arquivo - Concerto de Jazz ao Norte

O festival internacional Jazz ao Norte, que organiza o Concello de Ferrol, celebrarase este ano do 13 ao 15 de xullo, tal como anunciara o alcalde, Ángel Mato, o pasado xaneiro no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur). Esta mañá deuse a coñecer un avance do cartel e a data na que sairán á venda os abonos para os tres concertos, a 16 euros, que será o vindeiro 14 de abril. Poderán adquirirse a partir das 12.00 horas a través da páxina web entradasatualcance.com. Con posterioridade sairán á venda as entradas para cada concerto, a 10 euros. Nunhas semanas confirmarase o resto do cartel musical, polo que xa pasaron artistas de renome como José James, Luísa Sobral, Andrea Motis, Hannah Williams, Chano Domínguez ou Nouvelle Vague.

Na presentación de hoxe participaron o concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, e o produtor executivo de Jazz ao Norte, Carlos Montilla, que desvelaron o nome das primeiras artistas incluídas no cartel desta terceira edición: a cantante e compositora francesa Awa Ly, que ten tres álbums de estudo (“Modulated”, “Five and a Feather” e “Safe and Sound”), e a violonchelista viguesa Margarida Mariño, quen ten unha ampla traxectoria musical ás súas costas e en 2020 presentou o seu primeiro traballo en solitario, “Cello&Electronics”, no que fusiona o violonchelo clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica.

Jazz Ao Norte é un encontro arredor da música jazz, soul e bossa nova, que permite gozar de algúns enclaves destacados do patrimonio ferrolá, como o Castelo de San Felipe, que repite como escenario este ano e ao que o publico poderá acceder de novo a través dos barcos habilitados dende o porto de Curuxeiras. Na edición deste ano incorpórase o Arquivo Intermedio Militar do Noroeste, no baluarte do Infante, como novo espazo confirmado grazas á colaboración do Exército. Próximamente confirmáranse novos escenarios e actividades paralelas que se levarán a cabo durante a fin de semana.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.