A CIG convoca para o próximo martes unha marcha reivindicativa en Ferrol

A praza de Armas acollerá unha asamblea de tódolos delegados da comarca ao final da manifestación
20-04-28_AccionFerrol_01

A CIG ten convocadas marchas de delegadas e delegados nas sete cidades para o próximo martes, 9 de xuño, para esixir dos Gobernos español e galegos políticas que permitan «unha saída xusta e galega á crise económica, laboral, industrial e social que atravesamos». As marchas realizaranse dende distintos puntos de cada unha das cidades e confluirán nunha praza onde se celebrará unha asemblea para avaliar a situación actual, as medidas aprobadas dende o inicio da pandemia e as alternativas da central sindical.

Cada unha das marchas estará formada por uns 30 delegados e delegadas da central sindical que partirán ás 10 da mañá. En Ferrol a primeira marcha sairá da Ponte das Cabras, a segunda do peirao de Curuxeiras e a terceira da estrada de Catabois, a altura de restaurante O Parrulo. Todas as marchas confluirán na Praza de Armas, onde haberá asemblea ás 11.00 horas.

Un dos obxectivos destas accións é «visibilizar a necesidade de retomar a mobilización» para forzar o necesario cambio de políticas que permita que a saída a esta crise «non recaia novamente sobre a clase traballadora». A CIG reclama a derrogación inmediata da reforma laboral de 2010 e 2012, da reforma das pensións de 2011 e 2013 e da negociación colectiva; e políticas públicas que  concentren todos os recursos existentes en favor dos intereses das maiorías sociais.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.