A CIG pide a dimisión «urxente» de Javier Galán como presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol

Acusan a CCOO de actuar de forma "unilateral" e de non respetar as decisións da asamblea de traballadores
asamblea huelga navantia galan vidal /

As discrepancias entre o sindicato CIG e CCOO no seo do comité de empresa de Navantia non son novas. Nos útimos anos, ambas centrais protagonizaron importantes episodios de desencontros que desencadearon nunha divisón entre os propios traballadores e que alcanzaron momentos de gran tensión como nas folgas das auxiliares pola inclusión no convenio do metal no ano 2017.

As relacións entre os sindicatos non melloraron nos últimos tempos e a crise do Covid veu a facer máis patente as diferencias entre ambos. Tras varias semanas de acusacións cruzadas entre a CIG e CCOO acusándose de deslealtad cos intereses dos traballadores, hoxe a CIG pediu públicamente a dimisión do presidente do comité de empresa, Javier Galán, de CCOO, que leva no cargo desde 2015. O sindicato nacionalista solicitou formalmente na Secretaría do comité un pleno do comité de empresa, urxente e monográfico, sobre esta solicitude de demisión.

«Xa son varias as ocasións en que Javier Galán actúa por libre, tanto nas interlocucións coa empresa, como saíndo aos medios de comunicación expresando sensacións, ideas ou posibilidades que non se axustan ao día a día do traballo das comisións do Comité de Empresa, interferindo negativamente nas negociacións coa dirección», denuncian desde a CIG.

O último punto de desencontro veu polos exames de acceso para operarios e empregados júnior de Navantia. A CIG asegura que a asamblea de traballadores acordou que «as probas deberían ser presenciais, a través dunha convocatoria pública e mediante oposición e concurso-oposición». Sen embargo, acusan a Javier Galán de actuar en connivencia coa dirección da empresa para anunciar públicamente que todos os solicitantes poderán realizar os exames de acceso de forma on-line. Afirman que non aceptan esta fórmula «polos evidentes riscos de seguridade e transparencia».

«Esiximos de todos os sindicatos que colaboremos para acadar que todas as prazas de acceso a Navantia sexan convocadas como corresponde a unha empresa pública cuxos salarios saen do erario público», din desde a CIG.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.