A CIG pide a Navantia que manteña as actividades mínimas nas factorías da ría

O sindicato galego ve arriscado volver a unha actividade cotiá e cree que so "cando remate o estado de alarma" deberían volver tódolos traballadores aos seus postos
RecursoNavantia1

O sindicato CIG pediu, a través dun comunicado, que a empresa naval pública Navantia siga «con actividades mínimas» nos seus estaleiros da ría de Ferrol ata superar a alerta por COVID-19. As factorías, nas que se rexistraron once casos de coronavirus, van recuperar mañá gran parte da súa actividade cotiá, o cal non convence ao sindicato galego, que considera que a paralización «debería durar o período que abarca o estado de alarma».

Na súa opinión, este plan «é precipitado e temerario por reducirse as medidas de protección poboacional». Segundo a central nacionalista, «non cambiou nada que nos faga pensar que podemos eliminar medidas que foron eficaces. Nunha comarca onde o centro de traballo de Navantia é fundamental para poder controlar a expansión dunha epidemia ante a cal non podemos baixar a garda. Non estamos aínda no período de “desescalada” senón de confinamento, como recoñeceu un ministro español onte», dinde den a CIG.

A CIG reitera que os «traballos mínimos deben facerse como ata o de agora nos esenciais» e pediu que haxa «equipos de protección individual ( EPIS) e o material necesario para o cadro de persoal de Navantia e da industria auxiliar». Respecto diso, apuntou que o «dispoñible non sería suficiente para cubrir as necesidades».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.