A CIG realiza unha protesta simbólica para esixir que “non se vulneren os dereitos dos traballadores” durante a crise do Covid-19

O sindicato galego denuncia que se están producindo suspensións de emprego fraudulentas nalgunhas empresas

A CIG realizou este xoves un acto simbólico de protesta en Ferrol para reivindicar medidas de protección laboral e social para a clase traballadora e “esixir que os custes da emerxencia sanitaria non recaian, unha vez máis, sobre as maiorías sociais”. As concentracións, nas que participaron sobre dez persoas garandando as correspondentes medidas de seguridade, desenvolveuse diante do edificio da Xunta en Ferrol.

O sindicato galego denunciou que as medidas aprobadas dende o decreto do estado de alarma “son inxustas e insuficientes, están a provocar un regueiro de despedimentos e ERTEs, e afondan na precariedade dos colectivos laborais máis vulnerábeis, para quen non se adoptaron medidas de protección que lles permita ter uns ingresos dignos”

Creen, ademais, que a vía dos ERTEs  “está prexudicando enormemente a importantes sectores da clase traballadora” e denunciaron que “moitas empresas están aproveitando a emerxencia sanitaria para levar adiante suspensións de emprego fraudulentas, mesmo rexistrándose casos de empresas cun ERTE vixente nas que se obriga o seu persoal a acudir a traballar”.

 

Salir de la versión móvil