A comunidade china de Ferrol colabora coa Policía Nacional no suministro de material para conter o coronavirus

Os axentes agradeceron o xesto, xa que en moitas comisarías empezan a escasear estes productos

Un grupo de cidadáns chinos, residentes en Ferrol achegáronse á Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón, na avenida de Vigo, para entregarlles material preventivo fronte ao Covid-19 como máscaras, luvas e xel desinfectante.

O xesto foi moi aplaudido polos axentes, que lles mostraron o seu agradecemento porque se trata de material que xa escasea en moitas comisarías e noutras, directamente, non queda porque desde a Policía non dan abasto a fornecer a todas as dependencias policiais e moitos axentes están a levalo das súas casas, do que lles puideron proporcionar familiares, comerciantes ou veciños do barrio, como é o caso destes cidadáns chineses.

Eles, que saben o que pasou no seu país de orixe, saben mellor que ninguén o importante de tomar estas medidas de precaución. De feito, a maioría dos comercios de alimentación rexentados por chineses foron os primeiros en pechar esta semana, varios días antes que o resto de comerciantes e antes de que fose obrigatorio por decreto.

Salir de la versión móvil