A Deputación completa os trámites de expropiación para as obras da Travesía de Serantes

Os traballos, cunha inversións de 863.000 euros, incluirán a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho e creación de beirarrúas
serantes2

A Deputación da Coruña xa realizou o pago dos depósitos previos correspondentes ás expropiacións dos 66 predios necesarios para acometer a segunda fase das obras da travesía da estrada DP-3612 de Aneiros-Cabana a Ferrol. A entidade destina 226.925,98 euros euros á adquisición destes terreos, que se suman ao orzamento de 636.110,84 euros cos que contan as obras, co que o investimento total superará 863.000 euros.

Os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados o día 23 de xullo, de 16.00 a 20.00 horas, na sede da Asociación de Veciños de Serantes.  As obras darán continuidade ás realizadas nos primeiros 300 metros da travesía de Serantes. Desenvolveranse entre os puntos quilométricos 0+300 e 1+100 e incluirán a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho con beiravías de 0,5 metros e creación de beirarrúas que contribuirán a mellorar a seguridade peonil nunha zona que rexistra un intenso tráfico de vehículos.

O proxecto inclúe tamén a renovación dos servizos afectados (rede de saneamento e abastecemento de auga) e a instalación de nova iluminación con luminarias LED, en lugar das actuais lámpadas de vapor de sodio.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.