A Deputación licita por 636.110 euros a segunda fase da Travesía de Serantes

Os traballos darán continuidade á primeira fase, ampliando a estrada ata os 7 metros de ancho de dotando á zona de novas beirarrúas, unha demanda histórica dos veciños
Seranntes 2

A Deputación da Coruña vén iniciar o proceso de contratación das obras da segunda fase da Travesía de Serantes, en Ferrol, cun orzamento de licitación de 636.110,84 euros, que se sumarán aos 226.925,98 euros investidos polo Concello de Ferrol no pagamento das expropiacións dos terreos necesarios para poder executar este ansiado proxecto.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, xunto cos concelleiros Julián Reina e Ana Lamas, trasladaron persoalmente a boa nova á directiva da asociación de veciños da zona, que desde hai anos vén demandando un proxecto que consideran “vital para mellorar a seguridade” na zona, dotándoa de beirarrúas e ancheando angosta a calzada actual.

“Foi un longo camiño, pero este é o último paso administrativo antes do inicio das obras, que estarán en execución o vindeiro ano”, afirmou González Formoso, que diante dos representantes veciñais asinou no seu teléfono móbil a resolución para publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación dos traballos, que darán continuidade ás xa realizados nos primeiros 300 metros da estrada.

Nesta nova fase, as obras desenvolveranse entre os puntos quilométricos 0+300 e 1+100 e incluirán a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho con beiravías de 0,5 metros e construción de beirarrúas de dous metros de ancho que contribuirán a mellorar a seguridade peonil nunha zona con numerosas vivendas que rexistra un intenso tráfico de vehículos. O proxecto inclúe tamén a renovación dos servizos afectados (rede de saneamento e abastecemento de auga) e a instalación de nova iluminación con luminarias LED, en lugar das actuais lámpadas de vapor de sodio.

Valentín González Formoso destacou que se trata dunha obra “técnicamente complexa” que experimentou retrasos debido, entre outras cuestións, ao longo proceso de tramitación das expropiacións necesarias pola cercanía da estrada aos peches das fincas colindantes, pero considerou que se trata dunha actuación “absolutamente necesaria e prioritaria” que vai supor “unha importante mellora da seguridade” desta estrada provincial.

Pola súa banda, o alcalde Ángel Mato felicitouse de que “hoxe podamos dar luz verde a este proxecto, unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Serantes”, aos que agradeceu o seu “traballo, colaboración e paciencia” para conseguir que facelo realidade. O alcalde destacou tamén a “excelente colaboración institucional entre o Concello de Ferrol e a Deputación que permite desbloquear proxectos importantes para a cidade coma este”. As obras están en fase de licitación pública ata o 3 de novembro. A partir da súa adxudicación, o prazo de execución será de seis meses.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.