A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020” lanza un vídeo divulgativo no que se percorre a área urbana de Ferrol e Narón. Con imaxes da zona e distintas paisaxes da ría e o centro urbano, amósanse os distintos ámbitos de actuación da EDUSI, para encarar o reto presentado conxuntamente por ambos concellos de converter a Ferrol Narón en cidades máis sostibles e integradoras, cidades intelixentes, cidades accesibles e en consonancia coas necesidades da cidadanía.
O principal obxectivo da EDUSI “Ría de Ferrol, Cidade 2020” é crear un modelo de cidade que aposte polo futuro, mediante a recuperación física, social, económica e medioambiental, promovendo actuacións dirixidas á mellora no acceso e uso das novas tecnoloxías, ao fomento do turismo, á rehabilitación do patrimonio histórico, cultural e natural, ao aumento da calidade de vida da cidadanía e á protección do medio ambiente.
Dende hoxe este vídeo poderá visionarse a través das redes sociais do proxecto, Facebook e Twitter, ademáis de estar dispoñible na súa páxina web oficial da EDUSI, co obxecto de informar e acercar a estratexia á cidadanía. Recordar que se trata dun proxecto cofinanciable ao 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020.