A fragata “Álvaro de Bazán” ( F-101) saíu hoxe luns á mar para integrarse na Agrupación Naval Permanente da OTAN número 2 ( SNMG-2). A fragata despregarase os catro próximos meses polo Mar Mediterráneo, para regresar ao seu porto basee en Ferrol a principios de novembro. Será a primeira das fragatas españolas que participen nunha misión internacional desde que se declarou o Estado de Alarma.
A agrupación permanente da OTAN número 2 ten como misión mostrar a súa presenza no mar Mediterráneo e mar Negro, asegurar o cumprimento da lexislación internacional e reforzar o compromiso da Alianza Atlántica cos seus países membros. España asumirá o mando da agrupación durante un ano desde o próximo 1 de xullo.
Durante o despregamento da F-101 integraranse así mesmo na SNMG-2 outros buques de países aliados, en concreto de EEUU, Reino Unido, Turquía, Grecia, Francia, Bulgaria e Alemaña.
A “Álvaro de Bazán” ten previsto recalar nos portos de Burgas (Bulgaria), Odessa (Ucraína), o Pireo (Grecia), Alxer (Alxeria), Antalya ( Turquia), Souda (Grecia), Toulon (Francia), Cartaxena (España) e finalmente Aksaz ( Turquia), onde será relevada pola fragata F-105 “Cristóbal Colón”.