A industria auxiliar de Navantia reclama unha compensación «polos dereitos económicos» arrebatados durante o peche do estaleiro

O delegados da CIG nas empresas de Ferrolterra cocentráronse hoxe e pediron "desconfinar a capacidade productiva" da antiga Bazán
20-05-29_ConcentracionAuxiliaresNavantiaDereitos_01

Delegados da CIG na industria auxiliar de Navantia concentráronse hoxe ás portas do estaleiro de Ferrol para reclamar «os dereitos económicos e sociais dos traballadores das auxiliares» e para que se dote de carga de traballo inmediata aos estaleiros. Os representantes dos traballadores denunciaron a súa «exclusión nas negociacións» para suspenders os seus contratos durante o Estado de Alarma e reclamaron o seu «dereito a poder exercer a negociación colectiva».

«Reclamamos agora o que non puidemos reclamar no seu momento. Reclamamos percibir unha compensación polas diferenzas entre o noso salario e as prestacións por desemprego, e reclamamos tamén cobrar a paga extra de xullo íntegra, así como que non nos desconten vacacións», explicaron nun comunicado.

Por outra banda, os delegados da CIG quixieron tamén relanzar a demanda pola carga de traballo nos estaleiros da ría de Ferrol. «O futuro de toda a comarca en xeral, depende de outro desconfinamento: o produtivo. Non podemos aceptar restricións á capacidade produtiva dos estaleiros da ría. Hai que acelerar a posta en marcha do programa das fragatas, e aproveitar ese impulso para saír ao mercado civil con propostas tecnoloxicamente avanzadas, poñendo en valor turbinas, reparacións, e todas as áreas de negocio presentes na ría dun xeito integrado».

Desde o sindicato nacionalista quixeron facer un chamamento ás outras centrais sindicais para relanzar a demanda de carga de traballo, e impulsar, tamén, outra «pola recuperación dos dereitos económicos do persoal da industria auxiliar que veñen de sufrir un duro golpe».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.