A ludoteca de praza de España acollerá os test do estudo epidemiolóxico da Xunta

Mañá venres ás oito da mañá comezarán as probas aos veciños de Ferrol seleccionados telefónicamente para forma parte do proxecto do Sergas

O edificio da ludoteca da praza de España de Ferrol acollerá as probas que se realizarán para o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da COVID-19. O Concello cedeu ao Sergas esta instalación municipal para que poida realizar os máis de 1.500 test programados neste primera ronda e que se realizarán durante o que resta de semana e a próxima.

Con esta análise, a Consellería de Sanidade procurará un triple obxectivo: estimar a prevalencia da inmunidade fronte ao COVID-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información.

A citación ás probas realizarase mediante contacto telefónico con cada unha das persoas seleccionadas e, tras realizárselles unha pequena enquisa concretarase unha cita para facer o test. Neste senso, a toma da mostra consistirá nunha punción dixital que tras ser introducida nun medio reactivo, indicará se esa persoa tivo contacto coa COVID-19 ou non.

Salir de la versión móvil