A muller que apuñalou a un viandante en Ferrol podería ser imputada por homicidio en grao de tentativa

O home recibiu unha coitelada no hombreiro que impactou coa escápula e tivo que ser atendido de urxencia

A Policía Nacional de Ferrol informou hoxe que a muller que foi detida o pasado 17 de xullo tras apuñalar aleatoriamente a un home que transitaba pola plaza do Callao de Ferrol podería enfrontarse a un cargo de homicio en grado de tentativa. A agresora, de 42 anos natural de Ferrol e con trastornos psiquiátricos, cravoulle un coitelo por detrás de forma sorpresiva, sen nin tan sequera prever a súa acometida.

Grazas á colaboración de varias testemuñas os primeiros axentes actuantes da Brigada Local de Seguridade Cidadá lograron localizar á agresora preto do lugar, sendo detida no acto. Posteriormente en dependencias policiais os investigadores da Brigada Local de Policía Xudicial imputáronlle un presunto delito de homicidio en grao de tentativa.

Unha vez finalizadas as dilixencias, a arrestada foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 en funcións de garda de Ferrol. Según informou a policía, a vítima sufriu unha ferida inciso contusa que precisou cirurxía menor, podendo orixinar peores consecuencias de non ser porque o ataque impactou no seu escápula.

Salir de la versión móvil